Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
106 CORZÓN A Coruña Mazaricos CORZÓN (SAN CRISTOVO) O LUGARNOVO, CACHEIROS, VILAR, AS ABELOIRAS E BUSTO O LUGARNOVO, CACHEIROS, VILAR, AS ABELOIRAS E BUSTO 13/12/1994 Ficha
1712 COSTA Ourense Xunqueira de Ambía ARMARIZ (SAN SALVADOR) AREÁS E OS CASARES 28/05/1980 Ficha
1712 COSTA Ourense Xunqueira de Ambía ARMARIZ (SAN SALVADOR) AREÁS E OS CASARES 28/05/1980 Ficha
1465 COSTA BARROSA Ourense Cartelle CARTELLE (SANTA MARÍA) BALDARIZ 28/02/1979 Ficha
1465 COSTA BARROSA Ourense Cartelle CARTELLE (SANTA MARÍA) BALDARIZ 28/02/1979 Ficha
1437 COSTA BARROSA E ASNELA Ourense Cartelle CARTELLE (SANTA MARÍA) A BOUZA 28/02/1979 Ficha
1437 COSTA BARROSA E ASNELA Ourense Cartelle CARTELLE (SANTA MARÍA) A BOUZA 28/02/1979 Ficha
2290 COSTA CABALO E MONTE GRANDE Ourense Verea OURILLE (SAN PEDRO) OURILLE E FONDODEVILA 25/06/1976 Ficha
2290 COSTA CABALO E MONTE GRANDE Ourense Verea OURILLE (SAN PEDRO) OURILLE E FONDODEVILA 25/06/1976 Ficha
1100 COSTA CABALOS E LAGAS Lugo Saviñao (O) SETEVENTOS (SANTA MARÍA) SETEVENTOS 16/11/1981 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas