A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1864 | COUTADA | Ourense | Manzaneda | PLACÍN (SANTIAGO) | TRABAZOS, SAN VICENZO, SAN MIGUEL, REBODEPÓ,CUBEIROS, BORRUGA, PLACÍN, SAN PEDRO, SOUTIPEDRE E LANGULLO | 25/03/1976 | Ficha | |
| 4414 | Coutada e A Fontiña | Pontevedra | Neves (As) | LIÑARES (SANTA MARÍA) | LIÑARES | 21/07/2021 | Ficha | |
| 4414 | Coutada e A Fontiña | Pontevedra | Neves (As) | LIÑARES (SANTA MARÍA) | LIÑARES | 21/07/2021 | Ficha | |
| 347 | COUTADA E PENA DA SARNA | Lugo | Castroverde | BARREDO (SANTO ANDRÉ) | ANDRÉS DE BARREDO | 30/10/1978 | Ficha | |
| 347 | COUTADA E PENA DA SARNA | Lugo | Castroverde | BARREDO (SANTO ANDRÉ) | ANDRÉS DE BARREDO | 30/10/1978 | Ficha | |
| 1265 | COUTADA, CARBALLÁS, NOCELLAS, COTO DA PONTE E SUGALLEIRA | Ourense | Bande | CADÓS (SANTIAGO) | RUBIÁS | 15/12/1975 | Ficha | |
| 1265 | COUTADA, CARBALLÁS, NOCELLAS, COTO DA PONTE E SUGALLEIRA | Ourense | Bande | CADÓS (SANTIAGO) | RUBIÁS | 15/12/1975 | Ficha | |
| 2622 | COUTADA, POVANZA E SAN SEBASTIÁN | Pontevedra | Crecente | REBORDECHÁN (SANTA MARÍA) | TODOS | REBORDECHÁN | 07/05/1979 | Ficha |
| 2622 | COUTADA, POVANZA E SAN SEBASTIÁN | Pontevedra | Crecente | REBORDECHÁN (SANTA MARÍA) | TODOS | REBORDECHÁN | 07/05/1979 | Ficha |
| 1526 | COUTADAS O XIXÍN, MANDRAS, OUTEIRO DE MOURILLOSO, PENALTA, O VAL | Ourense | Celanova | MOURILLÓS (SAN PEDRO) | MOURILLÓS | 13/12/1978 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común