Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1967 PORTELA E D' ARRIBA Ourense Muíños XERMEADE (SAN MIGUEL) XERMEADE 26/09/1979 Ficha
2121 PORTELA E EIREXA DO CAN Ourense Quintela de Leirado MOCIÑOS (SANTA MARÍA) CAMPO REAL E MOCIÑOS 25/05/1977 Ficha
2121 PORTELA E EIREXA DO CAN Ourense Quintela de Leirado MOCIÑOS (SANTA MARÍA) CAMPO REAL E MOCIÑOS 25/05/1977 Ficha
285 PORTELA E TOXOSO Lugo Abadín CASTROMAIOR (SAN XOÁN) CASTROMAIOR 30/04/1979 Ficha
285 PORTELA E TOXOSO Lugo Abadín CASTROMAIOR (SAN XOÁN) CASTROMAIOR 30/04/1979 Ficha
1957 PORTELA, OUTEIRO E VEIGA Ourense Muíños BARXÉS (SANTA MARÍA) TOURÓS 30/05/1979 Ficha
1957 PORTELA, OUTEIRO E VEIGA Ourense Muíños BARXÉS (SANTA MARÍA) TOURÓS 30/05/1979 Ficha
1279 PORTELA, RABAZAL, OUZAL, CURRÁS, VEIGA E OUTEIRO DAS PEREIRAS Ourense Bande SANTA COMBA (SAN TROCADO) SANTA COMBA 15/12/1975 Ficha
1279 PORTELA, RABAZAL, OUZAL, CURRÁS, VEIGA E OUTEIRO DAS PEREIRAS Ourense Bande SANTA COMBA (SAN TROCADO) SANTA COMBA 15/12/1975 Ficha
1953 PORTELA, SERRA DE PITOS E REVOLTA Ourense Muíños REQUIÁS (SANTIAGO) PARROQUIA DE REQUIÁS (SANTIAGO) 12/06/1973 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas