Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
2826 SEIXO, PICOUZO E RIALDONIO Pontevedra Meis NOGUEIRA (SAN LOURENZO) NOGUEIRA SAN LOURENZO DE NOGUEIRA 17/07/1980 Ficha
2826 SEIXO, PICOUZO E RIALDONIO Pontevedra Meis NOGUEIRA (SAN LOURENZO) NOGUEIRA SAN LOURENZO DE NOGUEIRA 17/07/1980 Ficha
3185 SEIXOS ALBOS 2ª PARCELA E MONTIÑO Pontevedra Tui AREAS (SANTA MARIÑA) TODOS AREAS 14/04/1987 Ficha
3185 SEIXOS ALBOS 2ª PARCELA E MONTIÑO Pontevedra Tui AREAS (SANTA MARIÑA) TODOS AREAS 14/04/1987 Ficha
2448 SELA Pontevedra Arbo SELA (SANTA MARIÑA) SELA 13/11/1979 Ficha
2448 SELA Pontevedra Arbo SELA (SANTA MARIÑA) SELA 13/11/1979 Ficha
4238 Sentenza Xul de 1ª I nº 2 de Pontevedra, 55/17. Trabanca-Badiña Pontevedra Vilagarcía de Arousa AREALONGA (SANTA EULALIA) TRABANCA-BADI?A 30/03/2017 Ficha
4238 Sentenza Xul de 1ª I nº 2 de Pontevedra, 55/17. Trabanca-Badiña Pontevedra Vilagarcía de Arousa AREALONGA (SANTA EULALIA) TRABANCA-BADI?A 30/03/2017 Ficha
4239 Sentenza xul. 1ª Inst nº 2, Pontevedra, 55/17, Guillán Pontevedra Vilagarcía de Arousa CARRIL (SANTIAGO) GUILLAN 30/03/2017 Ficha
4239 Sentenza xul. 1ª Inst nº 2, Pontevedra, 55/17, Guillán Pontevedra Vilagarcía de Arousa CARRIL (SANTIAGO) GUILLAN 30/03/2017 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas