Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
379 SEROA E ALBARES Lugo Cervantes PANDO (O) (SANTA MARÍA) PRADELA PRADELA 18/04/1983 Ficha
379 SEROA E ALBARES Lugo Cervantes PANDO (O) (SANTA MARÍA) PRADELA PRADELA 18/04/1983 Ficha
3162 SERRA ARGALLA, ROZAS, O POSTE, FIAL, DEVESA DA IGREXA, MOURA, TRINCADEIRAS, AVE MARÍA, LUIS E FILIMÓN Pontevedra Tomiño GOIÁN (SAN CRISTOVO) TODOS GOIÁN 20/11/1979 Ficha
3162 SERRA ARGALLA, ROZAS, O POSTE, FIAL, DEVESA DA IGREXA, MOURA, TRINCADEIRAS, AVE MARÍA, LUIS E FILIMÓN Pontevedra Tomiño GOIÁN (SAN CRISTOVO) TODOS GOIÁN 20/11/1979 Ficha
3161 SERRA ARGALLO Pontevedra Tomiño FIGUEIRÓ (SAN MARTIÑO) TODOS FIGUEIRO 20/11/1979 Ficha
3161 SERRA ARGALLO Pontevedra Tomiño FIGUEIRÓ (SAN MARTIÑO) TODOS FIGUEIRO 20/11/1979 Ficha
3160 SERRA ARGALLO, OUTEIRO DE CISCO E FÁBRICA Pontevedra Tomiño ESTÁS (SANTIAGO) TODOS ESTÁS 20/11/1979 Ficha
3160 SERRA ARGALLO, OUTEIRO DE CISCO E FÁBRICA Pontevedra Tomiño ESTÁS (SANTIAGO) TODOS ESTÁS 20/11/1979 Ficha
1990 SERRA CURVEIRA Ourense Nogueira de Ramuín FARAMONTAOS (SANTA MARÍA) CACHAPLAZA, O OUTEIRO, PACIO, REQUEIXO E EIRADELA 27/04/1977 Ficha
2010 SERRA CURVEIRA Ourense Nogueira de Ramuín NOGUEIRA DE RAMUÍN (SAN MARTIÑO) PARROQUIA DE MELIAS (SANTA MARÍA) 27/04/1977 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas