Boletín
La suscripción al servicio de avisos es una herramienta para recibir de forma automática las novedades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos y demás información de interés en materia de agenda forestal dentro del contexto internacional.
Mediante el sistema de subscripción usted estará al tanto de las novedades que se produzcan en temas de actualidad forestal.
Información general
En esta sección encontrará información sobre eventos, conferencias, seminarios, actos y otra información de interés sobre la agenda forestal en el contexto internacional. Queremos ofrecer un servicio a las asociaciones y entidades que componen el sector forestal de Galicia, y en general, a la sociedad gallega, para que conozcas los temas y noticias de interés forestal que se están desarrollando en el mundo y en particular en Europa.
pestana1
online
A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan unhas videoxornadas para presentar os proxectos desenvoltos ao abeiro da estratexia a de “Dixitalización & Descarbonización” (D&D) e os primeiros avances do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG).
Máis información aquí.
Lille, Francia
O evento tratará temas como o pretratamento de biomasa avanzado e innovador; tecnoloxías de conversión e funcionalización de biomasa; extracción, separación e purificación de biomasa; modelización de procesos e métodos e ferramentas analíticos; deseño de bioprocesos ou fermentación avanzada.
Máis información aquí.
online
A UICN e o Instituto Forestal Europeo únense a través do proxecto SINCERE e a rede Integrate Network, para producir unha serie de webinarios sobre o aumento da biodiversidade e a resiliencia ao cambio climático nos bosques para alcanzar un Pacto Verde Europeo exitoso.
Máis información aquí.
online.
BioRegions lanza unha nova serie de webinarios para presentar programas internacionais de aceleración de empresas emerxentes relevantes para a bioeconomía forestal. Durante a primeira edición, presentarase Business Joensuu de Karelia do Norte, Finlandia.
Máis información aquí.
online
Este evento brindará a oportunidade aos membros do Comité AGRI e ENVI de discutir con expertos do ámbito científico, xestores e sociedade civil os últimos avances no campo da xestión forestal, así como brindar información sobre as oportunidades xa existentes.
Máis información aquí.
Paginación
pestana2
Os obxectivos do webinario son:
- Identificar ferramentas e procesos para planificación, implementación e monitoraxe de intervencións de restauración de bosques e da paisaxe (Forest and Landscape Restoration FLR)
- Explicar por que a monitoraxe da FLR é importante e os indicadores adecuados para acadar os obxectivos de restauración
- Describir beneficios e custes da financiación da FLR, así como diferentes zonas prioritarias, tipos de investimentos e fontes de financiación.
Organizado por FAO elearning Academy, Agreenium (l’alliance de la formation et la recherche pour l'agriculture, l'alimentation, l'environnement et la santé globale), UN-ESCAP (United Nations Economic and Social Commission for Asia and the Pacific) and Future Food Institute.
As sesións estarán dispoñibles no portal da FAO elearning Academy: https://elearning.fao.org/
Máis información aquí.
Os países nórdicos teñen obxectivos climáticos ambizosos e apostan por actuar en conxunto. Desde 2015 uniron forzas nas negociacións anuais e nas Conferencia das Partes (COP) para crear diálogo e compartindo coñecemento nos retos e solucións climáticas.
Durante a COP26 informarán das novidades a través dos delegados nórdicos. Consideran necesario reducir o número de viaxes e a pegada de carbono asociada, por tanto organizan un evento local para participar nas discusións contando coas avanzadas tecnoloxías de comunicación.
Máis información sobre o Nordic Hub: https://www.norden.org/en/information/nordic-co-operation-cop26-glasgow
Glasgow, Reino Unido
O cumio COP26 xuntará diferentes partes interesadas para acelerar a acción cara aos obxectivos do Acordo de París e a Convención do Cambio Climático das Nacións Unidas.
Máis información https://ukcop26.org/
Emisións diarias da COP26 en Glasgow e desde os hubs en Estocolmo, Helsinki, Washington DC e Nairobi: https://www.wedonthavetime.org/event/cop26
A Fundación Laudes lanza ‘Built by Nature’, unha nova rede e fondo acelerador da transformación da industria. A visión de ‘Built by Nature’ é que as zonas construídas (built environment) estean en unísono coa natureza. A súa misión é acelerar a transformación da construción en madeira, reducindo radicalmente o carbono incluído na construción, almacenando carbono con seguridade nos nosos edificios durante xeracións, e fixando carbono coa rexeneración e xestión dos bosques.
Relatores:
Donald Brenninkmeijer, Chair, Built by Nature.
Leslie Johnston, CEO of Laudes Foundation.
James Drinkwater, Head of Built Environment at Laudes Foundation.
Annica Bresky, President and CEO of Stora Enso.
Kirsten Dunlop, CEO of Climate-KIC. EIT Climate-KIC é unha comunidade innovadora para acelerar a transición a unha economía de carbono-cero a través de innovación de sistemas.
Neil Martin, CEO Europe, Lendlease Mission Zero.
Marc Palahi, Director at European Forest Institute. (Post Rethinking our cities).
Hubert Rhomberg, CEO of Rhomberg Group and Founder, CREE Buildings.
Professor John Schellnhuber, Co-Founder, Bauhaus der Erde.
Gravación do evento: https://www.youtube.com/watch?v=Swdvxgwo5Mk
Máis información: https://www.builtbn.org/
Laudes Foundation (establecida no 2020): https://www.laudesfoundation.org/
Este webinar estivo organizado por Baskegur, Cesefor, Foresna, a Autoridade Española Competente e Preferred by Nature.
Máis información aquí.