Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
Pamplona / híbrido
O evento contará con relatores que mostrarán as multifuncionalidades dos bosques.
Máis información aquí.
Barcelona
O Foro incluirá o Lanzamento da Axenda Mediterránea de Investigación (MFRA) 2030, presentacións e mesas redondas, talleres interactivos sobre a implementación da MFRA, sesións temáticas, e oportunidades para a creación de redes e a colaboración.
Máis información aquí.
Madrid, España
Abordaranse cuestións que sirvan para contribuír a que a recuperación do país leve a cabo abordando a crise climática e a protección dos recursos naturais e das persoas.
Máis información aquí.
por confirmar
DESIRA está a desenvolver unha folla de ruta de políticas que aborda os principais obstáculos e as brechas de políticas identificadas, e aliña os cambios dixitais na agricultura, a silvicultura e a vida rural coas necesidades da sociedade. Propoñerá compoñentes básicos e vías de políticas para apoiar a dixitalización intelixente, inclusiva e sostible das áreas rurais, cun enfoque na integración do enfoque dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no proceso de políticas. O Foro permitirá contribuír á redacción da folla de ruta.
Máis información aquí.
Amsterdam (Holanda) / híbrido
Celebrarase o primeiro ano da aceleración de trasnformar os edificios de madeira e inspirar edificios que actúan ao unísono coa natureza.
Máis información events [at] builtbn.org (aquí).
Paxinación
pestana2
O foro centrarase no desenvolvemento rexional verde e xusto. Os países nórdicos son considerados líderes globais na busca da neutralidade carbónica. O foro analizará o impacto que se observa a nivel local e rexional, e como poden liderar o renacemento do rural e unha transición verde e xusta.
Máis información aquí.
O seminario centrarase principalmente nos aspectos sociais que xogan un papel na innovación forestal e como a innovación ten lugar. A finalidade principal do acontecemento é apoiar o fortalecemento do 'Sistema de Innovación e Coñecemento Forestal’ ('Forest Knowledge and Innovation Systems') a través to intercambio de coñecemento, contribuír á cooperación, educación, e asesoramento para apoiar a xestión forestal sostible, e desbloquear o potencial socio-económico e ambientar dos bosques para as zonas rurais en Europa. Os temas principais serán: (i) Adaptación e mitigación do cambio climático, (ii) bioeconomía circular, (iii) monitoraxe da xestión forestal, e (iv) biodiversidade, servizos ecosistémicos e multifuncionalidade incluíndo sistemas agroforestais.
Máis información aquí.
en liña
FOREST EUROPE emitirá unha nova serie de webinarios ‘Dende as raíces até a copa’ que versarán sobre temas chave a nivel pan-europeo. Este primeiro webinario terá lugar no marco da Semana Forestal Europea e explorará como afrontar retos e aproveitar novas oportunidades baseadas en historias exitosas de traballos verdes no sector forestal.
Máis información aquí.
en liña
Neste evento lanzarase o Libro Blanco baseado nas leccións aprendidas no contexto mediterráneo. Falarase das contribucións dos produtos forestais non madeireiros ao desenvolvo socio-económico en Europa como apoio á transición a unha economía verde, cales son as accións chave para fomentar a contribución ao Pacto Verde, e que poden facer FAO e outras organizacións internacionais para promover o consumo e produción sustentable destes produtos.
Máis información aquí.
Celebrada por primeira vez no 2008, a Semana Forestal Europea proporciona unha oportunidade única de aumentar a visibilidade do sector forestal e para influír as discusións globais e pan-europeas. A semana está organizada pola FAO e a Comisión Económica para Europa das Nacións Unidas (UNECE).
Este ano, a Semana Forestal Europea será celebrada conxuntamente con Foresta2021, a Sesión Conxunta do Comité de UNECE en Bosques e a Industria Forestal (COFFI), e a Comisión Forestal Europea da FAO (EFC).
A Semana Forestal Europa invita a organizar eventos nos países para aumentar a concienciación sobre os bosques, a través de concursos, exposicións, festival de películas, charlas e vídeos. O evento pode anunciarse a través da web da Semana Forestal Europea.
Máis información aquí.