Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
Pamplona / híbrido
O evento contará con relatores que mostrarán as multifuncionalidades dos bosques.
Máis información aquí.
Barcelona
O Foro incluirá o Lanzamento da Axenda Mediterránea de Investigación (MFRA) 2030, presentacións e mesas redondas, talleres interactivos sobre a implementación da MFRA, sesións temáticas, e oportunidades para a creación de redes e a colaboración.
Máis información aquí.
Madrid, España
Abordaranse cuestións que sirvan para contribuír a que a recuperación do país leve a cabo abordando a crise climática e a protección dos recursos naturais e das persoas.
Máis información aquí.
por confirmar
DESIRA está a desenvolver unha folla de ruta de políticas que aborda os principais obstáculos e as brechas de políticas identificadas, e aliña os cambios dixitais na agricultura, a silvicultura e a vida rural coas necesidades da sociedade. Propoñerá compoñentes básicos e vías de políticas para apoiar a dixitalización intelixente, inclusiva e sostible das áreas rurais, cun enfoque na integración do enfoque dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no proceso de políticas. O Foro permitirá contribuír á redacción da folla de ruta.
Máis información aquí.
Amsterdam (Holanda) / híbrido
Celebrarase o primeiro ano da aceleración de trasnformar os edificios de madeira e inspirar edificios que actúan ao unísono coa natureza.
Máis información events [at] builtbn.org (aquí).
Paxinación
pestana2
online
O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de aplicacións móbiles para inventario e monitoraxe forestal, e coñecer como estas poden axudar a aforrar tempo e diñeiro no traballo de campo, ou buscar posibles colaboracións.
Más información aquí.
online
O proxecto MaiL organiza a súa conferencia final, centrarase en diseminar as actividades e resultados do proxecto que ten como obxecto promover a utilización das áreas marxinais como potenciais sumidoiros de carbono para aumentar a fixación de CO2 no sector LULUCF sen impacto no sector agrario.
Máis información aquí.
DESIRA Rural Digitalisation Forum organiza un exercicio de previsión futura (foresight) a nivel UE. O obxectivo é establecer conexións entre os escenarios a 2031 dos Living Lab de DESIRA e a Visión a Longo Prazo para as zonas rurais 2040.
Máis información: https://mailchi.mp/desira2020/participate-second-rdf-meeting
Toda a información estará dispoñible na web de DESIRA https://desira2020.eu/
en liña e presencial 16:00 – 18:00 CET (Thon Hotel EU, Brussels, BE).
Este evento da iniciativa WoodCircus é un evento presencial (pero tamén de seguimento e participación en liña) que centrará o debate no rol como motor do crecemento sostible en Europa das industrias forestais da madeira. Contará cun panel de grandes expertos na materia.
Máis información aquí.
en liña
O evento contará con figuras chave no mundo da política, ciencia e industria para reflexionar sobre os resultados da COP26 en Glasgow, e debater as implicacións para a ciencia e tecnoloxía en Europa nos próximos meses.
Máis información aquí.