Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
Ruka, Finlandia (híbrido)
Nesta edición examinarase o papel da bioeconomía en relación coa mitigación do cambio climático. A bioeconomía e os bioproductos actualmente son parte instrumental das políticas de mitigación do cambio climático.
Máis información aquí.
Ruka, Finlandia (híbrido)
Este ano, o Foro Mundial de Bioeconomía quere expor discusións crave sobre o papel da bioeconomía e os bioproductos como ferramentas adicionais para combater o cambio climático.
Máis información aquí.
Protoroz, Eslovenia
O WoodRise é o evento de referencia para construción de madeira en altura. O congreso reflexa o Pacto Verde e a Nova Bauhaus Europea. Amosará as mellores prácticas no mundo en canto á enxeñería e arquitectura en madeira co obxectivo de promover a transformación sostible do sector da construción. No 2022 o congreso centrarase na renovación, rehabilitación e restauración de edificios existentes co uso das tecnoloxías da madeira.
Máis información: https://woodrise2022.eu/
online
O evento busca discutir en que medida a Xestión Forestal Sostible (XFS) pode manter e eventualmente mellorar a diversidade biolóxica forestal e asegurar o equilibrio con outros servizos ecosistémicos forestais.
Máis información aquí.
Nødebo, Dinamarca
O obxectivo da formación é presentar e debater as experiencias e cuestións relacionadas coa mellora xenética de árbores novas, a mellora xenética de especies arbóreas menores e a determinación de novos fenotipos.
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
online
O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de aplicacións móbiles para inventario e monitoraxe forestal, e coñecer como estas poden axudar a aforrar tempo e diñeiro no traballo de campo, ou buscar posibles colaboracións.
Más información aquí.
online
O proxecto MaiL organiza a súa conferencia final, centrarase en diseminar as actividades e resultados do proxecto que ten como obxecto promover a utilización das áreas marxinais como potenciais sumidoiros de carbono para aumentar a fixación de CO2 no sector LULUCF sen impacto no sector agrario.
Máis información aquí.
DESIRA Rural Digitalisation Forum organiza un exercicio de previsión futura (foresight) a nivel UE. O obxectivo é establecer conexións entre os escenarios a 2031 dos Living Lab de DESIRA e a Visión a Longo Prazo para as zonas rurais 2040.
Máis información: https://mailchi.mp/desira2020/participate-second-rdf-meeting
Toda a información estará dispoñible na web de DESIRA https://desira2020.eu/
en liña e presencial 16:00 – 18:00 CET (Thon Hotel EU, Brussels, BE).
Este evento da iniciativa WoodCircus é un evento presencial (pero tamén de seguimento e participación en liña) que centrará o debate no rol como motor do crecemento sostible en Europa das industrias forestais da madeira. Contará cun panel de grandes expertos na materia.
Máis información aquí.
en liña
O evento contará con figuras chave no mundo da política, ciencia e industria para reflexionar sobre os resultados da COP26 en Glasgow, e debater as implicacións para a ciencia e tecnoloxía en Europa nos próximos meses.
Máis información aquí.