A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1491 | COMUNAL DE SAN PAIO | Ourense | Castrelo do Val | SERVOI (SANTA MARÍA) | SAN PAIO | 01/07/1974 | Ficha | |
| 1491 | COMUNAL DE SAN PAIO | Ourense | Castrelo do Val | SERVOI (SANTA MARÍA) | SAN PAIO | 01/07/1974 | Ficha | |
| 1225 | COMUNAL DE SAN XUSTO | Ourense | Avión | AVIÓN (SANTOS XUSTO E PASTOR) | PARROQUIA DE AVIÓN (SANTOS XUSTO E PASTOR) | 07/05/1973 | Ficha | |
| 1225 | COMUNAL DE SAN XUSTO | Ourense | Avión | AVIÓN (SANTOS XUSTO E PASTOR) | PARROQUIA DE AVIÓN (SANTOS XUSTO E PASTOR) | 07/05/1973 | Ficha | |
| 1492 | COMUNAL DE SERVOI | Ourense | Castrelo do Val | SERVOI (SANTA MARÍA) | SERVOI | 01/07/1974 | Ficha | |
| 1492 | COMUNAL DE SERVOI | Ourense | Castrelo do Val | SERVOI (SANTA MARÍA) | SERVOI | 01/07/1974 | Ficha | |
| 1656 | COMUNAL DE TAMEIRÓN | Ourense | Gudiña (A) | TAMEIRÓN (O) (SANTA MARÍA) | O TAMEIRÓN | 25/06/1976 | Ficha | |
| 1656 | COMUNAL DE TAMEIRÓN | Ourense | Gudiña (A) | TAMEIRÓN (O) (SANTA MARÍA) | O TAMEIRÓN | 25/06/1976 | Ficha | |
| 2316 | COMUNAL DE TINTORES | Ourense | Verín | TINTORES (SANTA CRISTINA) | TINTORES | 28/04/1976 | Ficha | |
| 2316 | COMUNAL DE TINTORES | Ourense | Verín | TINTORES (SANTA CRISTINA) | TINTORES | 28/04/1976 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común