Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
906 LOUZARELA Lugo Pedrafita do Cebreiro LOUZARELA (SAN XOÁN) LOUZARELA LOUZARELA 25/05/1976 Ficha
2082 LUCIA Ó LAMA Ourense Porqueira SAN LOURENZO DE ABELEDA (SAN LOURENZO) SAN LOURENZO 11/07/1990 Ficha
2082 LUCIA Ó LAMA Ourense Porqueira SAN LOURENZO DE ABELEDA (SAN LOURENZO) SAN LOURENZO 11/07/1990 Ficha
2360 LUMIEIRA E ARANDEIRA Ourense Viana do Bolo TABAZOA DE UMOSO (SAN SEBASTIÁN) DRADELO 26/11/1975 Ficha
2360 LUMIEIRA E ARANDEIRA Ourense Viana do Bolo TABAZOA DE UMOSO (SAN SEBASTIÁN) DRADELO 26/11/1975 Ficha
2524 LUNEDA Pontevedra Cañiza (A) LUNEDA (SANTA MARÍA) TODOS LUNEDA 07/12/1979 Ficha
2524 LUNEDA Pontevedra Cañiza (A) LUNEDA (SANTA MARÍA) TODOS LUNEDA 07/12/1979 Ficha
2610 MACEIRA Pontevedra Covelo (O) MACEIRA (SAN SALVADOR) TODOS MACEIRA 04/05/1979 Ficha
2610 MACEIRA Pontevedra Covelo (O) MACEIRA (SAN SALVADOR) TODOS MACEIRA 04/05/1979 Ficha
2347 MADELO, ALTO VIÑAS, TORGAL E FUENTE BLANCA Ourense Viana do Bolo PRADOCABALOS (SANTA MARÍA) PRADOCABALOS 26/11/1975 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas