A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1319 | SERRA E SEIXO | Ourense | Beariz | XIRAZGA (SAN SALVADOR) | RICOVANCA | 30/11/1976 | Ficha | |
| 1319 | SERRA E SEIXO | Ourense | Beariz | XIRAZGA (SAN SALVADOR) | RICOVANCA | 30/11/1976 | Ficha | |
| 315 | SERRA GORDA, SALGUEIRÓN, ROZA DA GRAÑA E FROXENDE | Lugo | Begonte | BÓVEDA (SANTA EULALIA) | BÓVEDA | 28/11/1977 | Ficha | |
| 315 | SERRA GORDA, SALGUEIRÓN, ROZA DA GRAÑA E FROXENDE | Lugo | Begonte | BÓVEDA (SANTA EULALIA) | BÓVEDA | 28/11/1977 | Ficha | |
| 2178 | SERRA MALVELA, CAPRADA E GALEGAS | Ourense | Rubiá | OULEGO (SAN MIGUEL) | PARROQUIA DE OULEGO (SAN MIGUEL) | 30/11/1976 | Ficha | |
| 2178 | SERRA MALVELA, CAPRADA E GALEGAS | Ourense | Rubiá | OULEGO (SAN MIGUEL) | PARROQUIA DE OULEGO (SAN MIGUEL) | 30/11/1976 | Ficha | |
| 674 | SERRA PEQUENA E PORTO DOS LOBOS | Lugo | Monforte de Lemos | CHAO DE FABEIRO (SAN ROMÁN) | CHAO DE FABEIRO | 14/12/1999 | Ficha | |
| 674 | SERRA PEQUENA E PORTO DOS LOBOS | Lugo | Monforte de Lemos | CHAO DE FABEIRO (SAN ROMÁN) | CHAO DE FABEIRO | 14/12/1999 | Ficha | |
| 1525 | SERRA, RETORTA, REGUEIRIÑOS, FONTAO, E MADORRAS | Ourense | Celanova | VILANOVA DOS INFANTES (SAN SALVADOR) | VILANOVA DOS INFANTES | 24/09/1980 | Ficha | |
| 1525 | SERRA, RETORTA, REGUEIRIÑOS, FONTAO, E MADORRAS | Ourense | Celanova | VILANOVA DOS INFANTES (SAN SALVADOR) | VILANOVA DOS INFANTES | 24/09/1980 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común