Eventos forestais

Boletín

A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional

Eventos forestais

Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.

Subscribirse

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

pestana1

Eventos forestais 2022
Lignofuels 2022
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
02/02/2022
Lugar de celebración:

Helsinki, Finlandia

Organiza:
Active Communications International
Descripción:

A edición 2022 da conferencia reunirá unha vez máis ás partes interesadas clave en combustibles leñosos e biocombustibles e materiais avanzados para discutir e escoitar os últimos estudos de casos da industria, incluídos executivos de desenvolvemento técnico, estratéxico e comercial de produtores de biocombustibles de primeira e avanzada xeración,  refinadores de petróleo, Provedores de tecnoloxía de procesos,  desenvolvedores de encimas, empresas de enxeñería e agronegocios, así como financeiros, investidores, políticos e reguladores, industrias automotriz e de aviación, consultores, comerciantes e empresas químicas.

Máis información aquí.

SHERPA 2022: Make it happen! Implementing the rural vision
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
31/01/2022
Lugar de celebración:

online.

Organiza:
SHERPA Sustainable Hub to Engage into Rural Policies with Actors
Descripción:

A conferencia baséase na última edición, que se dedicou á preparación da Visión a longo prazo da UE para as zonas rurais. Ademais, centrarase no traballo realizado polas Plataformas Multiactor ( MAPs) SHERPA durante 2021, en tres temas relevantes para a implementación da visión rural: futuros rurais alternativos (exercicio de prospectiva), cambio na produción e diversificación da economía rural, cambio climático e sustentabilidade ambiental.

O evento tamén brindará a oportunidade de destacar as boas prácticas identificadas en SHERPA e outros proxectos Horizonte 2020.

Máis información aquí.

Sustainable Carbon Cycles Conference
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
31/01/2022
Lugar de celebración:

online

Organiza:
Comisión Europea
Descripción:

A conferencia reunirá a autoridades públicas, representantes da industria, expertos e sociedade civil para discutir sobre o potencial de eliminación de carbono na UE e o próximo marco regulatorio para a súa certificación.

Máis información aquí.

New European Bauhaus funding opportunities
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
27/01/2022
Lugar de celebración:

online.

Organiza:
Comisión Europea
Descripción:

O evento en liña brindará a oportunidade aos posibles solicitantes de aprender máis sobre as posibilidades de financiamento da UE dispoñibles para apoiar ideas e proxectos fermosos, sostibles e inclusivos. O evento permite obter información práctica sobre as convocatorias e unha sesión de preguntas e respostas.

Máis información aquí.

From National Forest Inventories to European Level Forest Monitoring
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
27/01/2022
Lugar de celebración:

online

Organiza:
LUKE / ENFIN / Helsinki EU Office
Descripción:

A Nova Estratexia Forestal da UE 2030 recoñece a necesidade de desenvolver un sistema europeo de seguimento forestal en todos os Estados membros para a toma de decisións baseada en información. O propósito do webinario organizado por Luke e ENFIN é continuar a discusión sobre como os Inventarios Forestais Nacionais (IFN) poden contribuír a un sistema de vixilancia forestal a nivel europeo. Os temas do webinario cobren o potencial dos NFI na vixilancia dos impactos do cambio climático e a biodiversidade a nivel europeo, así como tamén como utilizar os NFI na planificación forestal estratéxica e o apoio á toma de decisións.

Máis información aquí.

pestana2

Eventos forestais 2021
Nordregio Forum 2021 (session 2): How to lead to a green transition
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
24/11/2021
Lugar de celebración:
Organiza:
Descripción:

O foro centrarase no desenvolvemento rexional verde e xusto. Os países nórdicos son considerados líderes globais na busca da neutralidade carbónica. O foro analizará o impacto que se observa a nivel local e rexional, e como poden liderar o renacemento do rural e unha transición verde e xusta.

Máis información aquí.

EIP AGRI seminar Turning forest innovation into practice
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
24/11/2021
Lugar de celebración:
Organiza:
Descripción:

O seminario centrarase principalmente nos aspectos sociais que xogan un papel na innovación forestal e como a innovación ten lugar. A finalidade principal do acontecemento é apoiar o fortalecemento do 'Sistema de Innovación e Coñecemento Forestal’ ('Forest Knowledge and Innovation Systems') a través to intercambio de coñecemento, contribuír á cooperación, educación, e asesoramento para apoiar a xestión forestal sostible, e desbloquear o potencial socio-económico e ambientar dos bosques para as zonas rurais en Europa. Os temas principais serán: (i) Adaptación e mitigación do cambio climático, (ii) bioeconomía circular, (iii) monitoraxe da xestión forestal, e (iv) biodiversidade, servizos ecosistémicos e multifuncionalidade incluíndo sistemas agroforestais.

Máis información aquí.

How the heck did I end up here?
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
24/11/2021
Lugar de celebración:

en liña

Organiza:
FOREST EUROPE
Descripción:

FOREST EUROPE emitirá unha nova serie de webinarios ‘Dende as raíces até a copa’ que versarán sobre temas chave a nivel pan-europeo. Este primeiro webinario terá lugar no marco da Semana Forestal Europea e explorará como afrontar retos e aproveitar novas oportunidades baseadas en historias exitosas de traballos verdes no sector forestal.

Máis información aquí.

Non-wood forest products for people, nature and the green economy. Recommendations for policy priorities in Europe
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
23/11/2021
Lugar de celebración:

en liña

Organiza:
FAO e EFI
Descripción:

Neste evento lanzarase o Libro Blanco baseado nas leccións aprendidas no contexto mediterráneo. Falarase das contribucións dos produtos forestais non madeireiros ao desenvolvo socio-económico en Europa como apoio á transición a unha economía verde, cales son as accións chave para fomentar a contribución ao Pacto Verde, e que poden facer FAO e outras organizacións internacionais para promover o consumo e produción sustentable destes produtos.

Máis información aquí.

6th European Forest Week: The Future of Forests
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
22/11/2021
Lugar de celebración:
Organiza:
Descripción:

Celebrada por primeira vez no 2008, a Semana Forestal Europea proporciona unha oportunidade única de aumentar a visibilidade do sector forestal e para influír as discusións globais e pan-europeas. A semana está organizada pola FAO e a Comisión Económica para Europa das Nacións Unidas (UNECE).

Este ano, a Semana Forestal Europea será celebrada conxuntamente con Foresta2021, a Sesión Conxunta do Comité de UNECE en Bosques e a Industria Forestal (COFFI), e a Comisión Forestal Europea da FAO (EFC).

A Semana Forestal Europa invita a organizar eventos nos países para aumentar a concienciación sobre os bosques, a través de concursos, exposicións, festival de películas, charlas e vídeos. O evento pode anunciarse a través da web da Semana Forestal Europea.

Máis información aquí.