Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
Barcelona
O Seminario Científico facilitará un diálogo internacional entre ciencia, política e práctica sobre o potencial transformador das árbores, os bosques e a madeira (e outros biomateriais) para repensar a contorna de construción e crear cidades saudables, sostibles e resilientes, así como interfaces sostibles rural-urbanas.
Máis información aquí.
Roma /híbrido
As sesións bienais do COFO reúnen aos xefes dos servizos forestais e outros altos funcionarios gobernamentais para identificar cuestións políticas e técnicas emerxentes, buscar solucións e asesorar á FAO e outros sobre as medidas apropiadas.
Máis información aquí.
Viena (Austria) / híbrido
O simposio ten como obxectivo contribuír a unha avaliación harmonizada de danos e perturbacións forestais na rexión da CEPE, así como á identificación de técnicas innovadoras de seguimento e notificación para a súa aplicación a nivel internacional e nacional. O simposio impulsará o desenvolvemento dun futuro sistema de notificación de danos e perturbacións para a avaliación coherente en escalas espaciais e temporais.
Máis información aquí.
Roma /híbrido
A Semana Mundial dos Bosques brindará aos participantes e organizacións asociadas unha oportunidade única para intercambiar, conectarse, mostrar as mellores prácticas e accións sobre o terreo, e contribuír desde a comunidade forestal ao debate internacional mundial sobre temas forestais e ambientais. WFW2022 está estruturada ao redor das áreas prioritarias descritas no Marco Estratéxico da FAO 2022-2031.
Máis información aquí.
Helsinki, Finlandia
O Foro centrarase no rol do deseño no futuro, na construción de madeira masiva e chapa, na eficiencia e sustentabilidade dos recursos, así como na harmonización da lexislación e guías (guidelines) nórdicas. É a conferencia de referencia de construción en madeira nos países nórdicos e forma parte do Foro Internacional Holzbau.
Máis información: https://forum-holzbau.com/nordic/
Paxinación
pestana2
Celebrada por primeira vez no 2008, a Semana Forestal Europea proporciona unha oportunidade única de aumentar a visibilidade do sector forestal e para influír as discusións globais e pan-europeas. A semana está organizada pola FAO e a Comisión Económica para Europa das Nacións Unidas (UNECE).
Este ano, a Semana Forestal Europea será celebrada conxuntamente con Foresta2021, a Sesión Conxunta do Comité de UNECE en Bosques e a Industria Forestal (COFFI), e a Comisión Forestal Europea da FAO (EFC).
A Semana Forestal Europa invita a organizar eventos nos países para aumentar a concienciación sobre os bosques, a través de concursos, exposicións, festival de películas, charlas e vídeos. O evento pode anunciarse a través da web da Semana Forestal Europea.
Máis información aquí.
en liña
O evento interactivo centrarase na contribución das PEMES e industrias cara á bioeconomía. Discutiranse os beneficios de mellorar e reestruturar os marcos de datos e modelización relacionados coa bioeconomía. Compartiranse experiencias de informes de datos de bioproductos (NOVA, TNO e Imperial College London). Falarase de codificación e información de produtos biobaseados e sobre as novas directrices e políticas que afectan á importación e exportación de bioprodutos.
Máis información aquí.
A pandemia da COVID-19 e os prezos en aumento da enerxía recalcan a necesidade de Europa de aumentar a súa resiliencia para afrontar as interrupcións na cadea de subministro e traballar na súa autonomía estratéxica reducindo a dependencia de tecnoloxías estratéxicas de solucións de fora de Europa. Este taller proporcionará ideas sobre como a compra innovadora pode fortalecer a autonomía estratéxica e a resiliencia de Europa. Amosaranse iniciativas políticas vixentes, posibilidades legais e experiencia de varios casos de estudio.
Máis información aquí.
Recentemente, houbo un aumento da demanda de diversos servizos ecosistémicos forestais culturais como saúde, recuperación, turismo, actividades de ocio e outros.
Especialmente a pandemia global mostrou que os bosques peri-urbanos proporcionan unha función vital de apoio á saúde humana. Tomando isto en consideración, o foco do simposio pousará na importancia dos FES culturais como unha nova posibilidade de innovación empresarial. Tamén se discutirá sobre a contribución desas innovacións aos ODSs.
Sesión 1: Oferta, demanda e política de servizos ecosistémicos culturais
Key Note: Servizos ecosistémicos culturais en Europa, a cargo de Prof. Tobias Plieninger, Universidade de Kassel e Gotinga.
Sesión 2: Novas oportunidades de negocio e casos de estudio
Key Note: Retos no márketing e pago por servizos ecosistémicos culturais en Europa, a cargo de Prof. Davide Pettenella, TESAF, University of Padua.
Máis información aquí.
en liña
Fernando Valladares axudará a entender as repercusións dos acordos que se alcanzaron na COP26.
Máis información aquí. A gravación estará dispoñible en Youtube