Eventos forestais

Boletín

A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional

Eventos forestais

Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.

Subscribirse

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

pestana1

Eventos forestais 2022
Foro Ciudades Madrid IFEMA. Naturaleza urbana, sí, pero ¿cómo y para qué?
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
14/06/2022
Lugar de celebración:

Madrid

Organiza:
Foro de las Ciudades
Descripción:

Coa participación de decenas de cidades e expertos no mundo urbano, o Foro 2022 propón un debate aberto e participativo en aspectos como planificación urbana, xestión do espazo público, mobilidade,  renaturalización, innovación social e participación cidadá, cidade e infancia, conectividade, economía circular, cambio climático, calidade do aire, etc.

Máis información aquí.

ROSEWOOD4.0 Final Event – Fostering Innovation Towards a More Sustainable Forest Sector in Europe
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
14/06/2022
Lugar de celebración:

Barcelona, España (híbrido)

Organiza:
ROSEWOOD 4.0 project
Descripción:

Os días 14 e 15 de xuño, o proxecto  H2020  ROSEWOOD4.0 celebrará o seu evento final en Barcelona, España. O evento está coorganizado polo Instituto Forestal Europeo ( EFI) e  Steinbeis  Europe  Zentrum ( SEZ) e constará de 3 sesións coa innovación cara a un sector forestal máis sostible en Europa como pedra angular. Os asistentes poderán decidir se participar en todo o evento ou simplemente rexistrarse en calquera dos módulos organizados.

Máis información aquí.

Sustainable Carbon Cycles:  What role for forests?
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
01/06/2022
Lugar de celebración:

Bruselas, Bélxica (híbrido)

Organiza:
Swedish Forest Industries Federation
Descripción:

A discusión centrarase na Comunicación da Comisión Europea sobre Ciclos de Carbono Sostibles e o próximo marco  regulatorio para a certificación de eliminación de carbono. Como podemos garantir que os esquemas de eliminación de carbono non desvíen a acción de reducir as emisións fósiles, a prioridade número uno na mitigación do cambio climático? E que riscos e oportunidades ofrecen os modelos de cultivo de carbono para os bosques en termos de desenvolvemento da  bioeconomía? 

Máis información aquí.

LIGNA.Conference
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
01/06/2022
Lugar de celebración:

Rosenheim, Alemania

Organiza:
Hannover Deutsche Messe, Rosenheim Technical University of Applied Sciences
Descripción:

A primeira Conferencia LIGNA de  Rosenheim tratará temas da transformación da madeira, procesos de construción prefabricada e procesamento de materiais ecolóxicos.

Máis información aquí.

What science can tell us about forest biodiversity in Europe & Launching of Europe´s transnational forest restoration project -SUPERB
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
30/05/2022
Lugar de celebración:

Sibiu, Rumanía (hibrido)

Organiza:
EFI, SUPERB
Descripción:

No evento presentarase un novo estudo científico-político sobre a biodiversidade forestal en Europa. Escrito por un grupo de distinguidos científicos de 10 países europeos, o estudo proporciona aos responsables políticos, así como aos xestores de bosques e paisaxes, unha mellor comprensión do complexo tema da biodiversidade no contexto dos bosques europeos.

O evento tamén lanzará o proxecto de restauración forestal  transnacional máis grande de Europa,  SUPERB. O proxecto  H2020, coordinado por  EFI, involucra a máis de 100 organizacións de ciencia e práctica forestal en 20 países diferentes e inclúe 12 sitios de demostración de restauración forestal a gran escala en toda Europa.

Máis información aquí.

pestana2

Eventos forestais 2021
6th European Forest Week: The Future of Forests
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
22/11/2021
Lugar de celebración:
Organiza:
Descripción:

Celebrada por primeira vez no 2008, a Semana Forestal Europea proporciona unha oportunidade única de aumentar a visibilidade do sector forestal e para influír as discusións globais e pan-europeas. A semana está organizada pola FAO e a Comisión Económica para Europa das Nacións Unidas (UNECE).

Este ano, a Semana Forestal Europea será celebrada conxuntamente con Foresta2021, a Sesión Conxunta do Comité de UNECE en Bosques e a Industria Forestal (COFFI), e a Comisión Forestal Europea da FAO (EFC).

A Semana Forestal Europa invita a organizar eventos nos países para aumentar a concienciación sobre os bosques, a través de concursos, exposicións, festival de películas, charlas e vídeos. O evento pode anunciarse a través da web da Semana Forestal Europea.

Máis información aquí.

BioMonitor SME and Industry exchange
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
18/11/2021
Lugar de celebración:

en liña

Organiza:
Proxecto BioMonitor
Descripción:

O evento interactivo centrarase na contribución das PEMES e industrias cara á bioeconomía. Discutiranse os beneficios de mellorar e reestruturar os marcos de datos e modelización relacionados coa bioeconomía. Compartiranse experiencias de informes de datos de bioproductos (NOVA, TNO e Imperial College London). Falarase de codificación e información de produtos biobaseados e sobre as novas directrices e políticas que afectan á importación e exportación de bioprodutos.

Máis información aquí.

Webinar on strenghening EU strategic autonomy and resilience through innovation procurement
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
16/11/2021
Lugar de celebración:
Organiza:
Descripción:

A pandemia da COVID-19 e os prezos en aumento da enerxía recalcan a necesidade de Europa de aumentar a súa resiliencia para afrontar as interrupcións na cadea de subministro e traballar na súa autonomía estratéxica reducindo a dependencia de tecnoloxías estratéxicas de solucións de fora de Europa. Este taller proporcionará ideas sobre como a compra innovadora pode fortalecer a autonomía estratéxica e a resiliencia de Europa. Amosaranse iniciativas políticas vixentes, posibilidades legais e experiencia de varios casos de estudio.

Máis información aquí.

Exploring the importance of cultural forest ecosystem services (FES) in an international perspective: European ‒Japanese Online Sophia Symposium
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
15/11/2021
Lugar de celebración:
Organiza:
Descripción:

Recentemente, houbo un aumento da demanda de diversos servizos ecosistémicos forestais culturais como saúde, recuperación, turismo, actividades de ocio e outros.

Especialmente a pandemia global mostrou que os bosques peri-urbanos proporcionan unha función vital de apoio á saúde humana. Tomando isto en consideración, o foco do simposio pousará na importancia dos FES culturais como unha nova posibilidade de innovación empresarial. Tamén se discutirá sobre a contribución desas innovacións aos ODSs.

Sesión 1: Oferta, demanda e política de servizos ecosistémicos culturais

Key Note: Servizos ecosistémicos culturais en Europa, a cargo de Prof. Tobias Plieninger, Universidade de Kassel e Gotinga.

Sesión 2: Novas oportunidades de negocio e casos de estudio

Key Note: Retos no márketing e pago por servizos ecosistémicos culturais en Europa, a cargo de Prof. Davide Pettenella, TESAF, University of Padua.

Máis información aquí.

Resultados da COP26 por Fernando Valladares
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
15/11/2021
Lugar de celebración:

en liña

Organiza:
Teachers for future Spain
Descripción:

Fernando Valladares axudará a entender as repercusións dos acordos que se alcanzaron na COP26.

Máis información aquí. A gravación estará dispoñible en Youtube