Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
Madrid
Coa participación de decenas de cidades e expertos no mundo urbano, o Foro 2022 propón un debate aberto e participativo en aspectos como planificación urbana, xestión do espazo público, mobilidade, renaturalización, innovación social e participación cidadá, cidade e infancia, conectividade, economía circular, cambio climático, calidade do aire, etc.
Máis información aquí.
Barcelona, España (híbrido)
Os días 14 e 15 de xuño, o proxecto H2020 ROSEWOOD4.0 celebrará o seu evento final en Barcelona, España. O evento está coorganizado polo Instituto Forestal Europeo ( EFI) e Steinbeis Europe Zentrum ( SEZ) e constará de 3 sesións coa innovación cara a un sector forestal máis sostible en Europa como pedra angular. Os asistentes poderán decidir se participar en todo o evento ou simplemente rexistrarse en calquera dos módulos organizados.
Máis información aquí.
Bruselas, Bélxica (híbrido)
A discusión centrarase na Comunicación da Comisión Europea sobre Ciclos de Carbono Sostibles e o próximo marco regulatorio para a certificación de eliminación de carbono. Como podemos garantir que os esquemas de eliminación de carbono non desvíen a acción de reducir as emisións fósiles, a prioridade número uno na mitigación do cambio climático? E que riscos e oportunidades ofrecen os modelos de cultivo de carbono para os bosques en termos de desenvolvemento da bioeconomía?
Máis información aquí.
Rosenheim, Alemania
A primeira Conferencia LIGNA de Rosenheim tratará temas da transformación da madeira, procesos de construción prefabricada e procesamento de materiais ecolóxicos.
Máis información aquí.
Sibiu, Rumanía (hibrido)
No evento presentarase un novo estudo científico-político sobre a biodiversidade forestal en Europa. Escrito por un grupo de distinguidos científicos de 10 países europeos, o estudo proporciona aos responsables políticos, así como aos xestores de bosques e paisaxes, unha mellor comprensión do complexo tema da biodiversidade no contexto dos bosques europeos.
O evento tamén lanzará o proxecto de restauración forestal transnacional máis grande de Europa, SUPERB. O proxecto H2020, coordinado por EFI, involucra a máis de 100 organizacións de ciencia e práctica forestal en 20 países diferentes e inclúe 12 sitios de demostración de restauración forestal a gran escala en toda Europa.
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
en liña
Data de celebración: continua, celébrase un evento en liña un venres de cada mes.
A Rede europea de organizacións de extensión forestal FOREXT lanzouse oficialmente o 1 de outubro de 2019 (apoiada polo European Forest Institute (EFI) https://efi.int/). Formada por 14 organizacións de 10 países diferentes centra os seus esforzos nos BOSQUES de TITULARIDADE PRIVADA (lembremos que Galicia posúe o 98% da súa superficie baixo dita titularidade).
O seu obxectivo é axudar aos seus membros para desenvolver as súas capacidades na capacitación e educación de propietarios de bosques privados, apoiando o desenvolvemento das súas asociacións, inventariado e marcaxe de bosques privados, preparación de plans de xestión forestal para bosques privados, aplicación da lexislación forestal en bosques privados, proporcionando axudas para unha xestión forestal máis sostible, organizando a venda de madeira de bosques privados, creación de capacidade para a silvicultura privada, etc.
Aquí poderás atopar unha listaxe cos seus eventos FOREXT FRIDAY xa celebrados (presiona sobre o tema que che interesa e abrirase automaticamente a url para visionar o vídeo do webinar celebrado):
- FOREXT Friday on support systems for private forest owners in Slovakia
- September FOREXT Friday: FEM4FOREST, Forests in Women’s Hands
- FOREXT Friday: May 2021 edition
- April FOREX Friday focused on Estonian forestry
- March FOREXT Friday focused on Finland
- February FOREXT Friday: National Carbon Codes in France, the UK and Spain
- January FOREXT Friday: Adapting extension activities in the context of COVID-19
- FOREXT Fridays
- 2020 Annual Business Meeting planned new activities for FOREXT
en liña
Data de celebración: continua.
O adestramento e a educación son claves para empuxar o sector forestal cara a unha transformación dixital que permitirá aos traballadores forestais e da cadea de valor da madeira xestionar de forma máis sustentable e eficiente a través de solucións tecnolóxicas innovadoras. A Rede Rosewood 4.0 ofrece un programa de adestramento MOOC para aprender novas habilidades no campo da dixitalización forestal.
Máis información aquí.