Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
Lleida, España (híbrido)
O obxectivo do CFE é presentar os resultados das investigacións e experiencias en materia de ciencias e técnicas forestais xurdidos nos últimos anos, fomentar a análise e o debate para atopar novas ideas e propostas que melloren a xestión forestal e orientar a política no sector de maneira que converja cos intereses da sociedade.
Máis información aquí.
online
Webinario que ten como obxectivo mellorar o coñecemento sobre como fortalecer a multifuncionalidade forestal na xestión e formulación de políticas.
Máis información aquí.
Lugo
O sector da extensión rural ha de saber como apoiar, promover, mediar e asesorar ás partes interesadas, e da súa eficacia dependerá o logro dos obxectivos das políticas europeas, como a seguridade alimentaria, a protección do medio ambiente, a mitigación do cambio climático e o benestar e a protección dos animais.
Máis información aquí.
online
EFI Bioregions comeza unha nova serie de eventos virtuais. Esta segunda serie contará con solucións de base biolóxica para a construción sostible. Neste evento de introdución á serie haberá tres presentacións relacionadas cos desafíos crave e as oportunidades de innovación para a construción con madeira.
Máis información aquí.
Bruselas, Bélxica (híbrido para sesións plenarias)
A conferencia do Pacto Rural reunirá a políticos rexionais, nacionais e da UE xunto con autoridades locais, actores sociais e económicos nun evento participativo que reflicte a ambición e o carácter ascendente da visión rural.
Involucrará aos participantes no deseño da gobernanza do Pacto Rural e recompilará compromisos para o logro da visión a longo prazo para as zonas rurais da UE.
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
en liña
Data de celebración: continua, celébrase un evento en liña un venres de cada mes.
A Rede europea de organizacións de extensión forestal FOREXT lanzouse oficialmente o 1 de outubro de 2019 (apoiada polo European Forest Institute (EFI) https://efi.int/). Formada por 14 organizacións de 10 países diferentes centra os seus esforzos nos BOSQUES de TITULARIDADE PRIVADA (lembremos que Galicia posúe o 98% da súa superficie baixo dita titularidade).
O seu obxectivo é axudar aos seus membros para desenvolver as súas capacidades na capacitación e educación de propietarios de bosques privados, apoiando o desenvolvemento das súas asociacións, inventariado e marcaxe de bosques privados, preparación de plans de xestión forestal para bosques privados, aplicación da lexislación forestal en bosques privados, proporcionando axudas para unha xestión forestal máis sostible, organizando a venda de madeira de bosques privados, creación de capacidade para a silvicultura privada, etc.
Aquí poderás atopar unha listaxe cos seus eventos FOREXT FRIDAY xa celebrados (presiona sobre o tema que che interesa e abrirase automaticamente a url para visionar o vídeo do webinar celebrado):
- FOREXT Friday on support systems for private forest owners in Slovakia
- September FOREXT Friday: FEM4FOREST, Forests in Women’s Hands
- FOREXT Friday: May 2021 edition
- April FOREX Friday focused on Estonian forestry
- March FOREXT Friday focused on Finland
- February FOREXT Friday: National Carbon Codes in France, the UK and Spain
- January FOREXT Friday: Adapting extension activities in the context of COVID-19
- FOREXT Fridays
- 2020 Annual Business Meeting planned new activities for FOREXT
en liña
Data de celebración: continua.
O adestramento e a educación son claves para empuxar o sector forestal cara a unha transformación dixital que permitirá aos traballadores forestais e da cadea de valor da madeira xestionar de forma máis sustentable e eficiente a través de solucións tecnolóxicas innovadoras. A Rede Rosewood 4.0 ofrece un programa de adestramento MOOC para aprender novas habilidades no campo da dixitalización forestal.
Máis información aquí.