Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
Valladolid
Durante a xornada, Cesefor, XERA, Baskegur e Ensap Burdeos presentarán os traballos realizados relacionados co estado da arte e as 27 fichas sobre edificacións de madeira en altura no espazo SUDOE.
Máis información aquí.
online
O evento versará sobre o desenvolvemento da bioeconomía forestal en Karelia do Norte (Finlandia), o cultivo de produtos forestais silvestres e o seu uso comercial.
Máis información aquí.
Polonia
O principal obxectivo da conferencia é centrarse nos debates sobre os investimentos en bosques madeireiros, a industria madeireira e os produtos forestais mundiais. Será un foro de contactos para profesionais da industria forestal e da madeira.
Entre outros temas tratarase a "Silvicultura do carbono: o seguinte nivel dixital", sobre como mellorar a transparencia e reducir o risco de investimentos en proxectos de carbono forestal a través de datos xeoespaciais e tecnoloxías de teledetección, ou o cálculo basee de proxectos de carbono forestal e a importancia doutros aspectos que impactan nos proxectos, como a biodiversidade, o sistema hídrico, ou aspectos sociais, financeiros.
Máis información aquí.
Belgrado, Serbia.
O evento explorará os seguintes temas:
- Medidas ecolóxicas adaptativas nos bosques urbanos - explorar os desafíos do cambio climático, a contaminación, os desastres naturais, a resiliencia, a perda de biodiversidade, incluídas as especies invasoras, a contaminación, a biodiversidade e enfoques innovadores para a xestión de ecosistemas urbanos.
- Medidas socioambientais e económicas nos bosques urbanos - explorar os desafíos e oportunidades ao redor da concienciación, a educación, o recreo, a estética, o turismo e o espírito empresarial xunto cos servizos de saúde e benestar, a inclusión e a exclusión espacial.
- Medidas de planificación e gobernanza nos bosques urbanos - explorar a participación de múltiples partes interesadas nos bosques urbanos xunto coa avaliación do seguimento, a formulación de políticas, a planificación espacial, as regulacións para os bosques urbanos, a cocreación, a cogobernanza e as solucións baseadas na natureza.
Máis información aquí.
Nuoro, Cerdeña.
O tema deste ano é a agroselvicultura para a transición do Pacto Verde. As paisaxes agroforestais son o noso patrimonio cultural. En EURAF2022 discutirase sobre iso e como a educación, a formación, a difusión e a promoción poden apoiar a agrosilvicultura cun enfoque en xénero e mocidade.
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
en liña
Data de celebración: continua.
O adestramento e a educación son claves para empuxar o sector forestal cara a unha transformación dixital que permitirá aos traballadores forestais e da cadea de valor da madeira xestionar de forma máis sustentable e eficiente a través de solucións tecnolóxicas innovadoras. A Rede Rosewood 4.0 ofrece un programa de adestramento MOOC para aprender novas habilidades no campo da dixitalización forestal.
Máis información aquí.
en liña
Data de celebración: continua, celébrase un evento en liña un venres de cada mes.
A Rede europea de organizacións de extensión forestal FOREXT lanzouse oficialmente o 1 de outubro de 2019 (apoiada polo European Forest Institute (EFI) https://efi.int/). Formada por 14 organizacións de 10 países diferentes centra os seus esforzos nos BOSQUES de TITULARIDADE PRIVADA (lembremos que Galicia posúe o 98% da súa superficie baixo dita titularidade).
O seu obxectivo é axudar aos seus membros para desenvolver as súas capacidades na capacitación e educación de propietarios de bosques privados, apoiando o desenvolvemento das súas asociacións, inventariado e marcaxe de bosques privados, preparación de plans de xestión forestal para bosques privados, aplicación da lexislación forestal en bosques privados, proporcionando axudas para unha xestión forestal máis sostible, organizando a venda de madeira de bosques privados, creación de capacidade para a silvicultura privada, etc.
Aquí poderás atopar unha listaxe cos seus eventos FOREXT FRIDAY xa celebrados (presiona sobre o tema que che interesa e abrirase automaticamente a url para visionar o vídeo do webinar celebrado):
- FOREXT Friday on support systems for private forest owners in Slovakia
- September FOREXT Friday: FEM4FOREST, Forests in Women’s Hands
- FOREXT Friday: May 2021 edition
- April FOREX Friday focused on Estonian forestry
- March FOREXT Friday focused on Finland
- February FOREXT Friday: National Carbon Codes in France, the UK and Spain
- January FOREXT Friday: Adapting extension activities in the context of COVID-19
- FOREXT Fridays
- 2020 Annual Business Meeting planned new activities for FOREXT