Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
online
A sexta edición de Forestry Speed Dating ten como obxectivo conectar aos innovadores de solucións dixitais para a vixilancia do chan con posibles usuarios finais. Estes eventos teñen como obxectivo explorar novas solucións dixitais, facilitar a súa implementación e consolidar a bioeconomía circular forestal sostible.
Máis información aquí.
online
Para alcanzar todo o potencial da monitoraxe forestal e facer unha política forestal ben informada, é crucial saber que achegan os científicos. Neste seminario web, atenderase á perspectiva da formulación de políticas de monitoraxe da saúde forestal, os criterios e indicadores actuais e as necesidades futuras para a toma de decisións. Ao mesmo tempo, presentaranse avances de última xeración no campo de tecnoloxías terrestres e remotas. Finalmente, discutiranse desafíos e oportunidades comúns, en particular sobre como mellorar a transferencia de información entre política, ciencia e práctica.
Máis información aquí.
Online y Pavellón Sueco ‘The Forest’ (Expo 2020, Dubai)
Neste evento, un panel de alto nivel discutirá como as innovacións baseadas nos bosques, a eficiencia dos recursos, os produtos baseados nos bosques e os servizos ecosistémicos poden contribuír a un estilo de vida sostible e acelerar o cambio cara a un consumo e unha produción máis sostibles. Estes esforzos axudan a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a saúde, o benestar e unha transición cara a economías verdes e baixas en carbono.
Máis información aquí.
Antalya, Turquía
A Semana Forestal Mediterránea (MFW, polas súas siglas en inglés) é un evento bienal que ten como obxectivo facilitar a cooperación entre os administradores forestais e os encargados de formular políticas, a comunidade científica e académica, o sector privado, os doantes, a sociedade civil, as axencias ambientais, as organizacións non gobernamentais e outras partes interesadas relevantes ao proporcionar unha plataforma rexional común para o diálogo sobre os principais temas relacionados cos bosques mediterráneos.
Este ano a Semana Forestal Mediterránea estará centrada en ‘Restauración de bosques e ecosistemas para as próximas xeracións mediterráneas’.
Máis información aquí.
online
Os MedForums son eventos que permiten á Rede de Bosques Modelo do Mediterráneo reunirse, intercambiar experiencias e planificar xuntos o futuro da rede. O tema do evento deste ano será ‘Como os Bosques Modelo poden contribuír ao desenvolvemento do espírito empresarial xuvenil baseado en SbN’.
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
en liña
Data de celebración: continua, celébrase un evento en liña un venres de cada mes.
A Rede europea de organizacións de extensión forestal FOREXT lanzouse oficialmente o 1 de outubro de 2019 (apoiada polo European Forest Institute (EFI) https://efi.int/). Formada por 14 organizacións de 10 países diferentes centra os seus esforzos nos BOSQUES de TITULARIDADE PRIVADA (lembremos que Galicia posúe o 98% da súa superficie baixo dita titularidade).
O seu obxectivo é axudar aos seus membros para desenvolver as súas capacidades na capacitación e educación de propietarios de bosques privados, apoiando o desenvolvemento das súas asociacións, inventariado e marcaxe de bosques privados, preparación de plans de xestión forestal para bosques privados, aplicación da lexislación forestal en bosques privados, proporcionando axudas para unha xestión forestal máis sostible, organizando a venda de madeira de bosques privados, creación de capacidade para a silvicultura privada, etc.
Aquí poderás atopar unha listaxe cos seus eventos FOREXT FRIDAY xa celebrados (presiona sobre o tema que che interesa e abrirase automaticamente a url para visionar o vídeo do webinar celebrado):
- FOREXT Friday on support systems for private forest owners in Slovakia
- September FOREXT Friday: FEM4FOREST, Forests in Women’s Hands
- FOREXT Friday: May 2021 edition
- April FOREX Friday focused on Estonian forestry
- March FOREXT Friday focused on Finland
- February FOREXT Friday: National Carbon Codes in France, the UK and Spain
- January FOREXT Friday: Adapting extension activities in the context of COVID-19
- FOREXT Fridays
- 2020 Annual Business Meeting planned new activities for FOREXT
en liña
Data de celebración: continua.
O adestramento e a educación son claves para empuxar o sector forestal cara a unha transformación dixital que permitirá aos traballadores forestais e da cadea de valor da madeira xestionar de forma máis sustentable e eficiente a través de solucións tecnolóxicas innovadoras. A Rede Rosewood 4.0 ofrece un programa de adestramento MOOC para aprender novas habilidades no campo da dixitalización forestal.
Máis información aquí.