Eventos forestais

Boletín

A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional

Eventos forestais

Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.

Subscribirse

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

pestana1

Eventos forestais 2022
Videoxornada de dixitalización e inventario forestal
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
16/03/2022
Lugar de celebración:

online

Organiza:
Consellería do Medio Rural
Descripción:

A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan unhas  videoxornadas para presentar os proxectos desenvoltos ao abeiro da estratexia a de “Dixitalización & Descarbonización” (D&D) e os primeiros avances do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG).

Máis información aquí.

BIOKET 2022
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
15/03/2022
Lugar de celebración:

Lille, Francia

Organiza:
IAR French Bioeconomy Cluster
Descripción:

O evento tratará temas como o pretratamento de biomasa avanzado e innovador; tecnoloxías de conversión e funcionalización de biomasa; extracción, separación e purificación de biomasa; modelización de procesos e métodos e ferramentas analíticos; deseño de  bioprocesos ou fermentación avanzada.

Máis información aquí.

Climate change adaptation and biodiversity conservation in Europe
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
02/03/2022
Lugar de celebración:

online

Organiza:
UICN, EFI
Descripción:

A UICN e o Instituto Forestal Europeo únense a través do proxecto SINCERE e a rede Integrate Network, para producir unha serie de webinarios sobre o aumento da biodiversidade e a resiliencia ao cambio climático nos bosques para alcanzar un Pacto Verde Europeo exitoso.

Máis información aquí.

A new EU Forest Strategy for 2030
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
28/02/2022
Lugar de celebración:

online

Organiza:
Comité de Agricultura do Parlamento Europeo
Descripción:

Este evento brindará a oportunidade aos membros do Comité AGRI e ENVI de discutir con expertos do ámbito científico, xestores e sociedade civil os últimos avances no campo da xestión forestal, así como brindar información sobre as oportunidades xa existentes.

Máis información aquí.

Introducing international start-up services: Business Joensuu
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
28/02/2022
Lugar de celebración:

online.

Organiza:
EFI BioRegions
Descripción:

BioRegions lanza unha nova serie de webinarios para presentar programas internacionais de aceleración de empresas emerxentes relevantes para a  bioeconomía forestal. Durante a primeira edición, presentarase Business Joensuu de Karelia do Norte, Finlandia.

Máis información aquí.

pestana2

Eventos forestais 2021
Rosewood4.0 training programme
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
01/01/2021
Lugar de celebración:

en liña

Organiza:
Rosewood 4.0 Sustainable Wood for Europe
Descripción:

Data de celebración: continua.

O adestramento e a educación son claves para empuxar o sector forestal cara a unha transformación dixital que permitirá aos traballadores forestais e da cadea de valor da madeira xestionar de forma máis sustentable e eficiente a través de solucións tecnolóxicas innovadoras. A Rede Rosewood 4.0 ofrece un programa de adestramento MOOC para aprender novas habilidades no campo da dixitalización forestal.

Máis información aquí.

FOREXT Friday
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
01/01/2021
Lugar de celebración:

en liña

Organiza:
FOREXT https://forext.eu/
Descripción:

Data de celebración: continua, celébrase un evento en liña un venres de cada mes.

A Rede europea de organizacións de extensión forestal FOREXT lanzouse oficialmente o 1 de outubro de 2019 (apoiada polo European Forest Institute (EFI) https://efi.int/). Formada por 14 organizacións de 10 países diferentes centra os seus esforzos nos BOSQUES de TITULARIDADE PRIVADA (lembremos que Galicia posúe o 98% da súa superficie baixo dita titularidade).

O seu obxectivo é axudar aos seus membros para desenvolver as súas capacidades na capacitación e educación de propietarios de bosques privados, apoiando o desenvolvemento das súas asociacións, inventariado e marcaxe de bosques privados, preparación de plans de xestión forestal para bosques privados, aplicación da lexislación forestal en bosques privados, proporcionando axudas para unha xestión forestal máis sostible, organizando a venda de madeira de bosques privados, creación de capacidade para a silvicultura privada, etc.

Aquí poderás atopar unha listaxe cos seus eventos FOREXT FRIDAY xa celebrados (presiona sobre o tema que che interesa e abrirase automaticamente a url para visionar o vídeo do webinar celebrado):