Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
online
A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan unhas videoxornadas para presentar os proxectos desenvoltos ao abeiro da estratexia a de “Dixitalización & Descarbonización” (D&D) e os primeiros avances do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG).
Máis información aquí.
Lille, Francia
O evento tratará temas como o pretratamento de biomasa avanzado e innovador; tecnoloxías de conversión e funcionalización de biomasa; extracción, separación e purificación de biomasa; modelización de procesos e métodos e ferramentas analíticos; deseño de bioprocesos ou fermentación avanzada.
Máis información aquí.
online
A UICN e o Instituto Forestal Europeo únense a través do proxecto SINCERE e a rede Integrate Network, para producir unha serie de webinarios sobre o aumento da biodiversidade e a resiliencia ao cambio climático nos bosques para alcanzar un Pacto Verde Europeo exitoso.
Máis información aquí.
online.
BioRegions lanza unha nova serie de webinarios para presentar programas internacionais de aceleración de empresas emerxentes relevantes para a bioeconomía forestal. Durante a primeira edición, presentarase Business Joensuu de Karelia do Norte, Finlandia.
Máis información aquí.
online
Este evento brindará a oportunidade aos membros do Comité AGRI e ENVI de discutir con expertos do ámbito científico, xestores e sociedade civil os últimos avances no campo da xestión forestal, así como brindar información sobre as oportunidades xa existentes.
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
online
O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de aplicacións móbiles para inventario e monitoraxe forestal, e coñecer como estas poden axudar a aforrar tempo e diñeiro no traballo de campo, ou buscar posibles colaboracións.
Más información aquí.
online
O proxecto MaiL organiza a súa conferencia final, centrarase en diseminar as actividades e resultados do proxecto que ten como obxecto promover a utilización das áreas marxinais como potenciais sumidoiros de carbono para aumentar a fixación de CO2 no sector LULUCF sen impacto no sector agrario.
Máis información aquí.
DESIRA Rural Digitalisation Forum organiza un exercicio de previsión futura (foresight) a nivel UE. O obxectivo é establecer conexións entre os escenarios a 2031 dos Living Lab de DESIRA e a Visión a Longo Prazo para as zonas rurais 2040.
Máis información: https://mailchi.mp/desira2020/participate-second-rdf-meeting
Toda a información estará dispoñible na web de DESIRA https://desira2020.eu/
en liña e presencial 16:00 – 18:00 CET (Thon Hotel EU, Brussels, BE).
Este evento da iniciativa WoodCircus é un evento presencial (pero tamén de seguimento e participación en liña) que centrará o debate no rol como motor do crecemento sostible en Europa das industrias forestais da madeira. Contará cun panel de grandes expertos na materia.
Máis información aquí.
en liña
O evento contará con figuras chave no mundo da política, ciencia e industria para reflexionar sobre os resultados da COP26 en Glasgow, e debater as implicacións para a ciencia e tecnoloxía en Europa nos próximos meses.
Máis información aquí.