Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
Bonn, Alemaña
Evento híbrido
A xuntanza internacional de política forestal (IFPM) é un evento bianual que reúne estudantes e doutorandos que traballan en asuntos relacionados coa política forestal. Está organizado pola Unidade de Gobernanza do EFI xunto coa Rede de Investigación de Política Forestal coordinada pola Universidade de Ciencias da Vida de Viena (BoKu). Esta edición céntrase nas interfaces política-ciencia e ciencia-comunicación.
Máis información aquí.
Nicosia, Chipre
O programa do taller cubrirá a comunicación da investigación relacionada co risco a unha variedade de audiencias, incluídos os medios de comunicación, como parte dunha sólida estratexia de comunicación. Reflexionarase sobre como manexar os conflitos e controversias na comunicación. Cada participante recibirá apoio e feedback personalizado sobre a comunicación da súa propia investigación.
Máis información aquí.
Luso & Mata do Bussaco, Portugal
Desde a innovación, a saúde e o benestar, o IV Congreso é unha oportunidade para aprender da man de recoñecidos investigadores e profesionais en campos multidisciplinarios sobre as bases científicas da Terapia de Bosque e a súa aplicación práctica nos sistemas de saúde e o turismo.
Máis información aquí.
online
Esta edición do ThinkForest, foro de ciencia e política de alto nivel, versará sobre as oportunidades e barreiras para a implementación dunha xestión forestal máis próxima á natureza.
Máis información aquí.
online
Os MedForums son eventos que permiten á Rede de Bosques Modelo do Mediterráneo reunirse, intercambiar experiencias e planificar xuntos o futuro da rede. O tema do evento deste ano será ‘Como os Bosques Modelo poden contribuír ao desenvolvemento do espírito empresarial xuvenil baseado en SbN’.
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
online
O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de aplicacións móbiles para inventario e monitoraxe forestal, e coñecer como estas poden axudar a aforrar tempo e diñeiro no traballo de campo, ou buscar posibles colaboracións.
Más información aquí.
online
O proxecto MaiL organiza a súa conferencia final, centrarase en diseminar as actividades e resultados do proxecto que ten como obxecto promover a utilización das áreas marxinais como potenciais sumidoiros de carbono para aumentar a fixación de CO2 no sector LULUCF sen impacto no sector agrario.
Máis información aquí.
DESIRA Rural Digitalisation Forum organiza un exercicio de previsión futura (foresight) a nivel UE. O obxectivo é establecer conexións entre os escenarios a 2031 dos Living Lab de DESIRA e a Visión a Longo Prazo para as zonas rurais 2040.
Máis información: https://mailchi.mp/desira2020/participate-second-rdf-meeting
Toda a información estará dispoñible na web de DESIRA https://desira2020.eu/
en liña e presencial 16:00 – 18:00 CET (Thon Hotel EU, Brussels, BE).
Este evento da iniciativa WoodCircus é un evento presencial (pero tamén de seguimento e participación en liña) que centrará o debate no rol como motor do crecemento sostible en Europa das industrias forestais da madeira. Contará cun panel de grandes expertos na materia.
Máis información aquí.
en liña
O evento contará con figuras chave no mundo da política, ciencia e industria para reflexionar sobre os resultados da COP26 en Glasgow, e debater as implicacións para a ciencia e tecnoloxía en Europa nos próximos meses.
Máis información aquí.