Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
online
EUBCE é a conferencia e exhibición de biomasa máis grande do mundo. Cada ano, EUBCE trata os últimos avances en biomasa, co obxectivo de acelerar a investigación e a aceptación do mercado en todo o mundo. Durante a conferencia, máis de 2000 expertos da ciencia e a industria comparten e discuten ideas, tecnoloxías, aplicacións e solucións innovadoras para o abastecemento, a produción e a utilidade da biomasa.
O programa científico está coordinado polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea ( JRC).
Este ano, o evento complementarase coa eficacia do Circular Bio- based Europe Joint Undertaking ( CBE JU) para identificar a innovación, estimular o investimento e mobilizar o sector da industria de base biolóxica.
Máis información aquí.
online
Evento paralelo en UNFF17. Dada a abundancia e a importancia dos datos relacionados cos bosques, o evento destacará dous enfoques relevantes de como a información do sector forestal mellora a gobernanza e a xestión do bosque.
Máis información aquí.
online
O evento busca discutir asuntos como poden ser: Como se desenvolverá o sector LULUCF como resultado dos novos desafíos? Que interaccións existen con outros sectores? Como cambiará o potencial dos bosques e os pasteiros baixo as consecuencias do cambio climático? Que oportunidades e riscos están asociados cun cambio no uso da madeira como materia prima? Como se poden resolver os conflitos de intereses entre aforrar gases de efecto invernadoiro, seguridade alimentaria, eficiencia económica e benestar animal?
Máis información aquí.
Coex, Seúl, República de Corea.
O CFM 2021 brindará unha oportunidade única para que a comunidade forestal global examine o estado e o futuro dos bosques do mundo, particularmente no contexto da recuperación da pandemia do COVID-19, mentres que, ao mesmo tempo, se esforza por acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). O Congreso centrarase en definir o papel dos bosques na axenda de desenvolvemento global (Axenda 2030) e outros acordos importantes (Obxectivos Forestais Globais, Acordo de París, marco global de biodiversidade posterior ao 2020) e identificar medidas clave que deben implementarse mentres o sector forestal se adapta á nova realidade co obxectivo de axudar a “reconstruír mellor”. Os bosques deben formar unha parte integral das discusións e decisións que se tomarán sobre o desenvolvemento sostible, xa que isto determinará a saúde, o benestar e a estabilidade do planeta e os seus habitantes.
Máis información aquí.
Genk, Bélgica
Connecting Nature Impact Summit centrarase no impacto que as solucións baseadas na natureza tiveron nas cidades e as persoas que viven nelas.
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
online
O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de aplicacións móbiles para inventario e monitoraxe forestal, e coñecer como estas poden axudar a aforrar tempo e diñeiro no traballo de campo, ou buscar posibles colaboracións.
Más información aquí.
online
O proxecto MaiL organiza a súa conferencia final, centrarase en diseminar as actividades e resultados do proxecto que ten como obxecto promover a utilización das áreas marxinais como potenciais sumidoiros de carbono para aumentar a fixación de CO2 no sector LULUCF sen impacto no sector agrario.
Máis información aquí.
DESIRA Rural Digitalisation Forum organiza un exercicio de previsión futura (foresight) a nivel UE. O obxectivo é establecer conexións entre os escenarios a 2031 dos Living Lab de DESIRA e a Visión a Longo Prazo para as zonas rurais 2040.
Máis información: https://mailchi.mp/desira2020/participate-second-rdf-meeting
Toda a información estará dispoñible na web de DESIRA https://desira2020.eu/
en liña e presencial 16:00 – 18:00 CET (Thon Hotel EU, Brussels, BE).
Este evento da iniciativa WoodCircus é un evento presencial (pero tamén de seguimento e participación en liña) que centrará o debate no rol como motor do crecemento sostible en Europa das industrias forestais da madeira. Contará cun panel de grandes expertos na materia.
Máis información aquí.
en liña
O evento contará con figuras chave no mundo da política, ciencia e industria para reflexionar sobre os resultados da COP26 en Glasgow, e debater as implicacións para a ciencia e tecnoloxía en Europa nos próximos meses.
Máis información aquí.