Eventos forestais

Boletín

A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional

Eventos forestais

Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.

Subscribirse

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

pestana1

Eventos forestais 2022
Forestry and Tree Planting against Climate Change
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
24/01/2022
Lugar de celebración:

online

Organiza:
European Climate Pact - Ambassador Talks
Descripción:

¿Como planea a UE protexer, restaurar e fortalecer a resiliencia dos bosques da UE? ¿Que podemos facer todos para protexer aos gardiáns do clima e a biodiversidade? Peter  Löffler, Oficial de Políticas da Unidade de Adaptación da DX Clima, quen brindará información sobre a Estratexia Forestal da UE para 2030; e Marco Onida, Xefe de Equipo de Bosques en DX Medio Ambiente, quen falará principalmente sobre a iniciativa da UE dos 3 mil millóns de árbores e consellos prácticos para a plantación de árbores.

Máis información aquí.

Technology and innovation as allies for a smart rural environment
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
18/01/2022
Lugar de celebración:

online

Organiza:
Hazi Fundazioa - Fundación do Goberno Vasco para o desenvolvemento do medio rural e marino
Descripción:

As novas tecnoloxías son parte da solución aos retos que afronta o medio rural e sen dúbida contribúen a xerar emprego de calidade, valor engadido e actividade económica. Este  webinar dirixido a todos os actores involucrados neste desafío: representantes dos diferentes niveis de goberno dedicados á dixitalización e o medio rural; asociacións de desenvolvemento rural; así como outras entidades vinculadas á innovación e o emprendemento. O obxectivo é proporcionar aos participantes información útil sobre a visión que ten a Comisión Europea sobre este tema, así como algunhas experiencias europeas de interese que poden resultar inspiradoras.

Máis información aquí.

Digital solutions for forest pests and diseases
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
18/01/2022
Lugar de celebración:

online.

Organiza:
EFI Bioregions & ROSEWOOD 4.0
Descripción:

O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de solucións dixitais para pragas e doenzas forestais e coñecer como estas solucións poden axudar a detectar os danos antes de que sexa demasiado tarde, ou buscar posibles colaboracións.

Máis información aquí.

Internet of trees
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
12/01/2022
Lugar de celebración:

híbrido

Organiza:
Cesefor
Descripción:

Seminario centrado no potencial do seguimento de árbores como ferramenta de aprendizaxe para estudantes. Os sensores permiten combinar datos sobre o crecemento e o vigor das plantas con información meteorolóxica e edáfica, o que permite un enfoque multifuncional para a análise e o seguimento dos bosques. O evento multiplicador "Internet das árbores" tivo lugar no campus Miguel Delibes da Universidade de Valladolid, via Internet tamén, e incluíu unha visita á plantación intelixente "El Bosque dos Soños", situada nun Polígono Industrial de Valladolid.
Pódese acceder á gravación do evento.

Máis información aquí.

pestana2

Eventos forestais 2021
FOREXT Friday
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
01/01/2021
Lugar de celebración:

en liña

Organiza:
FOREXT https://forext.eu/
Descripción:

Data de celebración: continua, celébrase un evento en liña un venres de cada mes.

A Rede europea de organizacións de extensión forestal FOREXT lanzouse oficialmente o 1 de outubro de 2019 (apoiada polo European Forest Institute (EFI) https://efi.int/). Formada por 14 organizacións de 10 países diferentes centra os seus esforzos nos BOSQUES de TITULARIDADE PRIVADA (lembremos que Galicia posúe o 98% da súa superficie baixo dita titularidade).

O seu obxectivo é axudar aos seus membros para desenvolver as súas capacidades na capacitación e educación de propietarios de bosques privados, apoiando o desenvolvemento das súas asociacións, inventariado e marcaxe de bosques privados, preparación de plans de xestión forestal para bosques privados, aplicación da lexislación forestal en bosques privados, proporcionando axudas para unha xestión forestal máis sostible, organizando a venda de madeira de bosques privados, creación de capacidade para a silvicultura privada, etc.

Aquí poderás atopar unha listaxe cos seus eventos FOREXT FRIDAY xa celebrados (presiona sobre o tema que che interesa e abrirase automaticamente a url para visionar o vídeo do webinar celebrado):

Rosewood4.0 training programme
Prazas esgotadas:
Data de celebración:
01/01/2021
Lugar de celebración:

en liña

Organiza:
Rosewood 4.0 Sustainable Wood for Europe
Descripción:

Data de celebración: continua.

O adestramento e a educación son claves para empuxar o sector forestal cara a unha transformación dixital que permitirá aos traballadores forestais e da cadea de valor da madeira xestionar de forma máis sustentable e eficiente a través de solucións tecnolóxicas innovadoras. A Rede Rosewood 4.0 ofrece un programa de adestramento MOOC para aprender novas habilidades no campo da dixitalización forestal.

Máis información aquí.