1. Aviso de sinistro de gando a través dos teléfonos de contacto:
- seguros de bovinos- equinos
- 91 02 20 200
- 692 66 93 00
- seguros resto de especies
- 91 02 20 220
- 692 669 444
Entre os obxectivos da actual política agrícola comunitaria (PAC) atópanse os seguintes:
O Control leiteiro é unha das ferramentas básicas do Programa de Mellora Gandeira de Galicia. Rexistra obxectiva e sistematicamente a produción e a calidade do leite das femias de raza frisona das explotacións galegas que colaboran co Programa, co fin de estimar o valor xenético da poboación.
Para formar parte deste rexistro, unha explotación leiteira debe cumprir os seguintes requisitos:
A creación do rexistro informativo de explotacións leiteiras de calidade diferenciada no cal se inscribiran de oficio as explotacións leiteiras que, no marco do plan de controis oficiais da calidade do leite cru de vaca efectuados polos servizos veterinarios da Xunta de Galicia, superen os parámetros de calidade exixidos por este decreto.
Explotacións en rexistro de calidade (a partir do 15/02/2024)
O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (LASAPAGA) leva a termo os estudos, análises e ditames relacionados coa sanidade e coa hixiene dos animais, así como das producións gandeiras e dos medios de produción gandeiros nas materias relativas á sanidade animal. Tamén lle corresponde o control dos laboratorios privados adicados ás materias antes sinaladas. Nas instalacións do laboratorio analízanse 1.000.000 de mostras e fanse preto de 2.500.000 análises cada ano.
Letra Q Multiespecie é un sistema de información en entorno web integrado por dous módulos informáticos: o módulo de trazabilidade e o módulo de calidade. Esta ferramenta ten carácter estatal, apoiandose nun completo rexistro de todos os implicados no sector lácteo: administracións, operadores, transportistas, produtores e laboratorios. Asegurar a trazabilidade do produto é a única forma de garantir a calidade contrastada e a diferenciación do leite producido en Galicia.
O servizo do matadoiro móbil facilita o sacrificio de gando ovino, cabrún e porcino, naquelas zonas máis afastadas dos centros convencionais de sacrificio dos animais. Incrementa a rendibilidade das explotacións, ao reducir os custes de transporte do gando, e mellora o benestar dos animais, ao diminuír o estrés que estes sofren durante o transporte, o que redunda nunha maior calidade da carne.
A Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN) é unha ventanilla de atención ao sector gandeiro en Internet. Ofrece servizos para este sector que permiten consultar información e realizar trámites administrativos.
Está dirixida fundamentalmente ás persoas gandeiras, pero tamén a operadores comerciais, integradoras e comercializadoras do sector ou determinados colectivos de veterinarios.
Como acceder aos servizos
Para acceder aos servizos da OVGAN hai varias alternativas:
O Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento e Xestión de Galicia (Resaxega) créase mediante o Decreto 235/2007 para dar cumprimento aos regulamentos comunitarios R (CE) 1782/2003 e R (CE) 1698/2005.
O Decreto 235/2007 regula as condicións que deben cumprir os servizos de asesoramento e de xestión das explotacións agrarias.
Este rexistro está divido en 3 subseccións: entidades que prestan servizos de asesoramento, entidades que prestan servizos de asesoramento e xestión e entidades que prestan servizos de xestión.
Este rexistro contén todas as Entidades Identificadoras habilitadas para prestar os servizos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún.
Entre as funcións das Entidades Identificadoras atópanse: