As Sociedades Agrarias de Transformación son Sociedades Civís de finalidade económico-social, en orde á produción, transformación e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros ou forestais, realización de melloras no medio rural, promoción e desenvolvemento agrario e prestación de servizos comúns que sirvan a aquela finalidade. As Sociedades Agrarias de Transformación adquiren personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, coa súa inscrición no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia, se este é o seu ámbito territorial.
Área temática: gandaría
Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación (SATs)
Servizo de substitución e mantemento nas explotacións agrogandeiras por COVID-19
Servizo dirixido a aquelas explotacións onde o titular, socio ou traballador teñan que permanecer confinados polo COVID-19 e poñan en perigo os traballos esenciais das explotacións.
Ponse a disposición dos afectados, de forma gratuita, un equipo de traballo de ata dúas persoas para o desenvolvemento das tarefas esenciais mentres dure o confinamento.
As solicitudes deberán tramitarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A.
Venda a distancia de medicamentos veterinarios
Os establecementos comerciais deberán comunicar o inicio da actividade, no seu caso, á Consellería Medio Rural.
Condicións da venda a distancia ao público
Unicamente poderán levar a cabo a venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria as oficinas de farmacia e os establecementos comerciais retallistas de medicamentos veterinarios, abertos ao público, e legalmente autorizados.
Non poderán venderse a distancia:
Xestión de residuos de pensos medicamentosos
O Real Decreto 370/2021, do 25 de maio, polo que se establecen disposicións específicas para a aplicación en España do Regulamento (UE) 2019/4 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativo á fabricación, a comercialización e o uso de pensos medicamentosos, polo que se modifica o Regulamento (CE) n.º 183/2005 do Parlamento Europeo e do Consello e derógase a Directiva 90/167/CEE do Consello, e doutras normas da Unión Europea en materia de pensos e medicamentos, e modifícanse diversos reais decretos en materia de gandería, establece no seu artigo 9: