Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
online
O webinar permitirá coñecer como funcionan as aplicacións WoodsApp e LasInfo, desenvolvidas para a planificación da xestión forestal, ou buscar posibles colaboracións.
Máis información aquí.
online.
O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de software para planificación forestal e coñecer como pode axudar á xestión forestal, ou buscar posibles colaboracións.
Máis información aquí.
online
Despois dunha breve sinopse da historia da recolección de produtos forestais non madeireiros nos EE.UU., a presentación examinará os últimos datos de volume e valor, e explorará a economía baseada nestes produtos a través da lente da bioeconomía.
Máis información aquí.
híbrido
O Regulamento da Taxonomía, Regulamento 2020/852 de xuño de 2020, e os seus consecuentes e próximos desenvolvementos normativos en forma de Regulamentos Delegados, conforman o eixo fundamental para a transición cara á neutralidade de carbono ao establecer un marco común e único do que é medioambientalmente sostible, co fin último de redireccionar os fluxos de capital cara a investimentos sostibles e que modifica o resto de regulación europea.
O evento é unha mesa redonda coa Confederación Española de Organizacións Empresariais CEOE sobre o impacto da Taxonomía Europea da man de importantes figuras do sector financeiro, industrial e ambiental.
Máis información aquí.
online.
En 2022 a Comisión Europea presentará a súa Iniciativa de produtos sostibles que inclúe principios e parámetros para definir a sustentabilidade do produto, por exemplo, durabilidade, reutilización, mellorabilidade, reparabilidade e contido reciclado. Tamén se espera unha proposta lexislativa para fundamentar as declaracións ecolóxicas, así como unha Directiva revisada sobre envases e residuos de envases. O evento tratará cuestións relacionadas cos envases de fibras, como os principios e parámetros de sustentabilidade a utilizar, como conseguir que os produtos en base a fibras, dun só uso, contribúan a unha economía circular, entre outros.
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
Celebrada por primeira vez no 2008, a Semana Forestal Europea proporciona unha oportunidade única de aumentar a visibilidade do sector forestal e para influír as discusións globais e pan-europeas. A semana está organizada pola FAO e a Comisión Económica para Europa das Nacións Unidas (UNECE).
Este ano, a Semana Forestal Europea será celebrada conxuntamente con Foresta2021, a Sesión Conxunta do Comité de UNECE en Bosques e a Industria Forestal (COFFI), e a Comisión Forestal Europea da FAO (EFC).
A Semana Forestal Europa invita a organizar eventos nos países para aumentar a concienciación sobre os bosques, a través de concursos, exposicións, festival de películas, charlas e vídeos. O evento pode anunciarse a través da web da Semana Forestal Europea.
Máis información aquí.
en liña
O evento interactivo centrarase na contribución das PEMES e industrias cara á bioeconomía. Discutiranse os beneficios de mellorar e reestruturar os marcos de datos e modelización relacionados coa bioeconomía. Compartiranse experiencias de informes de datos de bioproductos (NOVA, TNO e Imperial College London). Falarase de codificación e información de produtos biobaseados e sobre as novas directrices e políticas que afectan á importación e exportación de bioprodutos.
Máis información aquí.
A pandemia da COVID-19 e os prezos en aumento da enerxía recalcan a necesidade de Europa de aumentar a súa resiliencia para afrontar as interrupcións na cadea de subministro e traballar na súa autonomía estratéxica reducindo a dependencia de tecnoloxías estratéxicas de solucións de fora de Europa. Este taller proporcionará ideas sobre como a compra innovadora pode fortalecer a autonomía estratéxica e a resiliencia de Europa. Amosaranse iniciativas políticas vixentes, posibilidades legais e experiencia de varios casos de estudio.
Máis información aquí.
Recentemente, houbo un aumento da demanda de diversos servizos ecosistémicos forestais culturais como saúde, recuperación, turismo, actividades de ocio e outros.
Especialmente a pandemia global mostrou que os bosques peri-urbanos proporcionan unha función vital de apoio á saúde humana. Tomando isto en consideración, o foco do simposio pousará na importancia dos FES culturais como unha nova posibilidade de innovación empresarial. Tamén se discutirá sobre a contribución desas innovacións aos ODSs.
Sesión 1: Oferta, demanda e política de servizos ecosistémicos culturais
Key Note: Servizos ecosistémicos culturais en Europa, a cargo de Prof. Tobias Plieninger, Universidade de Kassel e Gotinga.
Sesión 2: Novas oportunidades de negocio e casos de estudio
Key Note: Retos no márketing e pago por servizos ecosistémicos culturais en Europa, a cargo de Prof. Davide Pettenella, TESAF, University of Padua.
Máis información aquí.
en liña
Fernando Valladares axudará a entender as repercusións dos acordos que se alcanzaron na COP26.
Máis información aquí. A gravación estará dispoñible en Youtube